Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Licenzas e permisos. Estatuto das Persoas Traballadoras

07-05-2026 - Gabinete Técnico de Igualdade-CIG

Este documento do Gabinete Técnico de Igualdade da CIG, recolle un cadro informativo dos permisos e licenzas que se recoñecen no estatuto das persoas traballadoras (ET) para todo o persoal. Cada convenio colectivo estabelece os seus propios permisos e licenzas, así como as normas de desfrute dos mesmos, que, en ningún caso, poderán empeorar os recollidos no ET, por tanto, é importante que, á hora de informarse sobre estes dereitos, alén desta táboa consultes o teu convenio colectivo

Para o goce das licenzas debes ter en conta que:

1. A xurisprudencia viña entendendo que os permisos retribuídos debían iniciarse no primeiro día laborable seguinte ao feito causante. Porén, o Tribunal Supremo ten matizado recentemente este criterio (STS 126/2026, demanda conflicto coletivo contra Grupo RACE) , sinalando que, no caso do permiso de cinco días para o coidado de familiares, o seu desfrute pode realizarse de forma flexible, sen que deba comezar necesariamente no momento do feito causante, para permitir unha atención máis racional e eficaz.

2. O permiso por hospitalización ou enfermidade grave de cónxuxe ou familiar non se extingue automaticamente coa alta hospitalaria se continúa a situación de enfermidade ou existe necesidade de coidado. Son varias as sentenzas que reiteran que a alta hospitalaria non ten porque ir parexa da alta médica, entre outras, a STS 5‑3‑2012, rec. 57/2011, e a STS 6‑5‑2025, rec. 104/2023.

3. Os partos con hospitalización da nai dan dereito a permiso por hospitalización para as persoas traballadoras familiares. Así o declarou a STS 23‑4‑2009, rec. 44/2007, e esta liña foi reforzada polo TC 71/2020.

4. A doutrina e xurisprudencia recentes entenden que, agás o permiso de matrimonio ou parella de feito (que é en días naturais), os permisos retribuídos deben gozarse en días laborables. Esta regra aparece, entre outras, na STS 145/2018, do 13‑2‑2018, e complétase na STS 414/2023, do 7‑6‑2023 (rec. 280/2021), así como na STS 1084/2025, do 13‑11‑2025.

5. Algúns permisos poden gozarse de forma fraccionada, sempre mentres se manteña a causa que os xustifica e dentro dos límites legais. A STS 104/2023 e a STS 126/2026, admite expresamente o desfrute fraccionado do permiso por hospitalización de familiares deste permiso, pero condiciona o mantemento do dereito a que subsista a necesidade de coidado; se hai alta médica antes de esgotar os cinco días, o permiso extinguiríase nese momento.

6. Terán consideracións de familiares consanguíneos as persoas familiares da parella de feito., segundo o recollido no artigo 37 do ET.

7. Durante o permiso parental de 8 semanas regulado no art.48bis do ET, xéranse vacacións, segundo STS 529/2026 do TS.

Ligazón ao documento "Licenzas e permisos. Estatuto das Persoas Traballadoras". Gabinete Técnico de Igualdade-CIG. 2026

Ligazón á sección IGUALDADE da páxina web da CIG

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS