Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Prevención e protección. Dálle a volta ás cifras

14-07-2026 - ISSGA-INSST-CNSST

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, presenta a campaña "Prevención e protección. Dálle a volta ás cifras", impulsada pola Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo no marco da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027. A iniciativa busca reducir os accidentes por envorco de tractor, unha das principais causas de sinistralidade mortal no sector agrario, promovendo a utilización de tractores equipados con estrutura de protección fronte ao envorco (ROPS) e cinto de seguridade, medidas fundamentais para traballar con seguridade.

A campaña foi elaborada por un grupo de traballo técnico configurado por especialistas en prevención de riscos laborais de varios organismos das CCAA e do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST)

Para a campaña elaboráronse diversos materiais divulgativos, entre os que destacan vídeos con testemuños reais, carteis para redes sociais, fichas informativas sobre os riscos e a súa prevención, información sobre as estruturas de protección homologadas (ROPS) e as axudas dispoñibles para a súa instalación ou para a renovación de tractores. Tamén se actualizou o folleto técnico "A túa vida, sen vuelcos", con recomendacións prácticas para unha condución máis segura.

Ligazón ao folleto técnico “Prevención y protección. Vuelca las cifras”

Ligazón á campaña

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS